domingo, 16 de diciembre de 2012

Consulta de Henrique. Vai de pulgóns

Consulta aos horticultores ecolóxicos e esforzados de Fene. (lacazanfene)


Teño unha laranxeira pequena que debe ter pulgón, negrilla e cochinilla e non vai para arriba. Hai uns meses boteille purín de estrugas (ortigas) e fóronse as formigas durante unha temporada. ¿Eliminaránse definitivamente botándolle de novo o purín ou haberá que botar outro produto?


Un saúdo
Henrique Sanfiz

2 comentarios:

  1. Contra a cochinilla non fai moito pulverizar. Tal vez teñas que frotalo con algo que arranque os bichos, un cepillo ou a mán. Tamén solen recomendar lavar con auga xabonosa. Polo que dis ademáis ten pulgón (ou tivo) e fungos. Será mellor que lle botes compost ou algún abono na terra? Cando apaña de todo parece debilidade.

    ¿qué facedes os que tedes cítricos?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Probarei con esas recomendacións e xa vos contarei o resultado. Un saúdo. Henrique

      Eliminar