domingo, 23 de diciembre de 2012

Albahaca e Horto escolar

Henrique nos manda estes consellos sobre a sabrosa albahaca.
Por outro lado tocounos o reintegro na lotería vou a reinvertir na lotería do neno.


ALBAHACA

Planta aromática e condimentaria imprescindible en calquera horta. Pode usarse para salsas, como condimento de ensaladas e para especiar guisos. Propiedades dixestivas, carminativas e antisépticas. Evita o ataque de pulgóns plantada xunto a pementos ou tomates.. As súas follas trituradas e misturadas coa terra ou sustrato no cultivo de patacas incrementa ata o 40% da colleita.
Ten efectos estimulantes do desenvolvemento das plantas cultivadas nas súas proximidades. Poden distribuirse varias matas de variedades distintas entre os cultivos dos bancais. Require terras frescas, lixeiras e mullidas, con abundante materia orgánica. Necesita luz en abundancia e a colocaremos en lugares resgardados xa que sofre co vento e frío intensos. Require regos regulares e manter a terra humida.

Poden sementarse en macetas e trasplantarse cando alcancen os 15 centímetros de altura. Podemos ir cortando follas e polas a medida que as neceistemos. Cando empezan a florecer, podemos cortar polas enteiras e secalas colgadas na sombra nun lugar ventilado. Unha vez secas tritúrane e gárdanse en bote de cristal.


Características recollidas do libro: MARIANO BUENO. Tu huerto ecológico en casa. Libros Cúpula.

HORTO ESCOLAR

Ángela deixou este comentario:

 "Hola lacazans ,estoy a punto de terminar el proyecto del huerto escolar,cuando acabe y no llueva os aviso y el/la que quiera ayudar ya sabe,prometo bocadillos..."

Eu me apunto

Se abrides unha entrada vense abaixo todos os comentarios, se abrides o blog tes que abrirlos




2 comentarios:

  1. Hola queridos lacazans, comprei semente de tirabeques e sobroume bastante. Se alguén a quere regálolla.
    Xa sei que e un pouco tarde para sementalos, pero eu probei a ver que pasa

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. PROYECTO LISTO,CUANDO ME DIGAIS EMPEZAMOS CON EL MILAGRO DE CONVERTIR EL TROZO DE CAMPO EN HUERTO, NO SE NI COMO EMPEZAR, SOLICITO AYUDA, YO PUEDO TARDES Y FINES DE SEMANA ¿QUIÉN SE ANIMA? LOS NIÑOS, Y YO OS LO VAMOS A AGRADECER...ÄNGELA

      Eliminar